CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Nova aplicación para lembrar onde aparcamos o coche

Publicado o 03/12/2014 15:02




Seguro que lles pasou nalgunha ocasión. Aparcan o coche nun centro comercial e á hora de marchar non recordan en que praza estacionaran. Esta situación ten as horas contadas. Unha aplicación de teléfono desenvolvida na Universidade da Coruña memoriza a praza onde aparcamos. De momento vaise probar no centro comercial das Cancelas, en Santiago, pero dentro de pouco estará por toda España.

Pasa con moita frecuencia. Imos a un centro comercial, aparcamos o coche e cando imos recollelo non lembramos o lugar onde quedou estacionado. Unha situación moi habitual que vai rematar grazas a unha nova aplicación de teléfono que non só nos recorda o lugar, senón que non indica o camiño máis curto para recollelo.

LOcYu parquing é o nome desta aplicación que se instala no móbil e que memoriza por nós a praza. De momento instalouse no centro comercial das Cancelas, onde máis dun condutor xa se presenta como firme candidato a descargala.

Unha aplicación gratuíta que xa está dispoñible, desenvolvida por unha empresa galega, e que conta co apoio do centro de investigación en tecnoloxía da Universidade da Coruña.
Seguro que máis dun vai ser fiel cliente deste novo servizo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí