Nova alerta ao reavivarse o lume no vertedoiro de Zaldibar
Reavivouse o incendio que quedara extinguido o martes pasado no vertedoiro de Zaldibar. O novo foco de lume complica a busca dos dous traballadores que quedaran sepultados hai dúas semanas tras un desprendemento de residuos.
Os bombeiros regresaron esta noite ao vertedoiro para tratar de controlar o novo foco de lume xurdido nun dos lugares de acceso máis complicado.
O incendio extinguírase o martes pasado e foi entón cando se desactivaron as alertas pola toxicidade do aire.
Pero xa daquela se advertira a poboación de que non se podía desbotar que o lume se reavivase, tal como acabou sucedendo e con el a reactivación da alerta sanitaria pero so no barrio de San Lorenzo de Ermua, o máis próximo ao vertedoiro.
As recomendacións é que non se abran as ventás, que non faga deporte ao aire libre e que os nenos non saian ao patio do colexio.
En calquera caso, o lume e a inestabilidade do terreo segue complicando a busca dos dous homes que hai dúas semanas quedaron sepultados polo desprendemento de medio millón de metros cúbicos de residuos.