CRTVG

Buscar

Notifican 3.000 despedimentos de persoal sanitario na Comunidade Valenciana

Publicado o 25/05/2021 16:53

Na Comunidade Valenciana comezaron a mandar notificacións de despedimento a máis de 3.000 profesionais da sanidade. Estano a facer vía WhatsApp ou SMS.

Trátase de persoal contratado para facer fronte ao aumento da presión asistencial neste tempo de pandemia. Contratos que rematan a finais deste mes.

Os sindicatos amosáronse moi críticos cos recortes que a Generalitat está a facer malia o compromiso de crear prazas estruturais. O Goberno valenciano di que aínda non houbo comunicación oficial.

Noticias web

25/05/2021