CRTVG

Buscar

Portugal e España traballan para explotar a pesca de sardiña en igualdade de condicións

Publicado o 02/03/2021 16:09

Portugal e España queren impulsar a igualdade de condicións entre as súas frotas da pesca de sardiña. Renovarán en breve o acordo pesqueiro e a boa sintonía semella que os levará a asinar sen atrancos.

A última renovación é do 2014, pero este acordo bilateral remóntase a 1986, co que se regula a pesca en augas do Atlántico onde os dous países pescan e de novo volven estar de acordo.

Queren continuar coa xestión sostible dos caladoiros e reforzar a igualdade de condicións dos pescadores dos dous países en horarios, nas técnicas que se usan e nas vedas, algo que interesa especialmente aos mariñeiros galegos.

Nunha xuntanza nas últimas horas, as dúas secretarias de Estado de Pesca de España e Portugal revisaron os índices de recuperación da sardiña ibérica que os especialistas valoran de notable.

Noticias web

02/03/2021