CRTVG

Buscar

102 mortes en España por coronavirus, a cifra diaria máis baixa en dous meses

Publicado o 16/05/2020 12:08

O número de falecidos diarios pola COVID-19 en España sitúase por primeira vez en semanas á beira dos 100, con 102 mortos por esta causa. Trátase da cifra máis baixa desde o 18 de marzo. Os falecidos en total pola pandemia son 27.563 persoas. Seis comunidades non rexistran falecidos. Son Baleares, as Canarias, A Rioxa, Cantabria, Ceuta e Melilla. Cataluña, con 123 mortos máis, e Castela e León con 97 concentran a maioría dos novos decesos.

Os casos confirmados por PCR son 239.698, con 539 casos novos, cun lixeiro descenso nas últimas 24 horas, o que fai que a taxa de incremento se sitúe no 0,23%, tamén cun lixeiro descenso respecto da xornada anterior. O número de profesionais sanitarios contaxiados é de 50.723.

En España xa superaron a COVID-19 coa alta hospitalaria 146.446 persoas, con máis de 1.600 curadas nas últimas horas.