CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Nos hospitais do Sergs en Vigo dan menú especial polas festas

Publicado o 25/12/2017 21:01

Por Noiteboa e Nadal o servizo de cociña do hospital Álvaro Conqueiro repartiu menús especiais de festa entre tódolos ingresados dos tres hospitais do Sergas en Vigo. Hoxe houbo sopa de Nadal, lagostinos, xamón asado e mousse de chocolate. Na cea de Noiteboa, bacallao con coliflor.
Se cadra non semellan menús moi de enfermo. A diario estes profesionais elaboran 1.200 primeiros pratos e 1.200 segundos por comida e o destes días supón un traballo a maiores que din facer encantados.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

25/12/2017