CRTVG

Buscar

Nos EUA instan a levar a máscara ben axustada e mesmo suxiren o uso de dobre capa

Publicado o 11/02/2021 09:07
Nos EUA instan a levar a máscara ben axustada e mesmo suxiren o uso de dobre capa

A autoridade sanitaria federal dos Estados Unidos recomenda que se faga todo o posible por mellorar o axuste das máscaras para previr o contaxio da COVID−19. Mesmo suxire levar dúas superpostas, como adoita facer o persoal sanitario, para aumentar a protección.

Ese organismo, o CDC, pola súa sigla en inglés, sostén que a trasmisión do coronavirus se pode reducir ata un 96,5 por cento se tanto unha persoa infectada como unha non infectada utilizan a máscara de forma correcta, é dicir, ben axustada á cara e tapando o nariz e a boca, ou se levan dobre capa.

Noticias web

11/02/2021