CRTVG

Buscar

Nos concellos pequenos xa se pode consumir dentro dos bares e cafeterías

Publicado o 23/05/2020 20:50

Hai dez semanas que non desfrutabamos deste pequeno pracer matinal dentro dunha cafetería. Un xesto que os clientes deste bar de Allariz fixeron con entusiamo pero tensos e con cautelas.

A maioría seguen preferindo un café ou unha cervexa ao aire libre. Os hostaleiros invitan a entrar con tranquilidade porque son meticulosos -din- coas medidas de hixiene e seguridade.

Os concellos de menos de 10 mil habitantes son a avanzada pero a partir do luns poderase consumir no interior de todos os bares e restaurantes de Galicia sen superar nunca o 40 por cento da capacidade do local.

Deberan, ademais, eliminar elementos comúns como as cartas, os portapanos de mesa e as aceiteiras e serán preferibles os manteis de usar e tirar. Novos costumes e medidas de prevención ás que tamén deberán afacerse os consumidores. Agardan dende a hostalaría que a resposta sexa positiva.

Noticias web

23/05/2020