CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Nós-Cándidatura Galega aspira a ter grupo propio nas Cortes

Publicado o 19/11/2015 14:54
Nós-Candidatura Galega presentou hoxe as súas propostas para as eleccións xerais como unha coalición plural de varias forzas políticas unicamente galegas.



O Bloque Nacionalista Galego, Iniciativa pola Unión, Coalición Galega, o Partido Galeguista e o Partido Comunista de Galicia presentáronse como a única formación que pode defender os intereses galegos no Estado. Xavier Vence asegurou que, a diferenza das mareas, eles non están supeditados aos intereses doutras forzas estatais, polo que, dixo, non comparten o mesmo espazo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí