CRTVG

Buscar

Nos adestramentos e competicións deportivas autonómicas é obrigatorio o uso das máscaras

Publicado o 19/09/2020 14:46

En Vigo case tódolos clubs deportivos levaban parados desde marzo, desde o primeiro confinamento. É o caso do C.San Roque Casablanca de Vigo que ten baixo a súa tutela a 241 futbolistas divididos en nove categorías masculinas e femininas. Curiosamente este club, que ten 101 anos, naceu en plena pandemia da gripe española. O seu presidente ultima detalles da nova norma que obriga a usar máscara en adestramentos e competicións.

Agora estamos en Coia, en Vigo, no pavillón onde adestran os xogadores e xogadoras do club de baloncesto do Seis do Nadal. Hoxe só adestra unha xogadora individualmente, co seu adestrador é non ten que levar a máscar. O director deportivo e a presidenta do club ultiman a posta en escea do luns para os adestramentos e pensan xa no futuro das competicións.

Quedan exceptuados da norma os deportes de contacto que están inscritos en competicións españolas, xa que elas teñen os seus propios protocolos de prevención.

Noticias web

19/09/2020