Noruega exime a Navantia do afundimento dunha fragata
Publicado o 08/11/2019 18:28
Noruega conclúe que o afundimento dunha fragata construída en Navantia nun fiordo se debeu a fallos da tripulación, organizativos, operativos e técnicos. O informe critica a falta de experiencia do oficial de garda na fragata no momento en que colisionou cun cargueiro. Amais, a tripulación que estaba na ponte era persoal en prácticas. Ese persoal, dí o informe, fixo un uso escaso do radar e do Sistema de Identificación Automática de Buques.