CRTVG

Buscar

Normalidade nos aeroportos galegos nos voos con destino Londres

Publicado o 01/02/2020 15:09

Normalidade tamén nos transportes. Se vostedes van viaxar ao Reino Unido non teñen que facer nada diferente do que facían ata agora. Estamos no aeroporto de Santiago. Nun par de horas sae desta terminal da Lavacolla un voo de Ryanair con destino a Stanted en Londres. Nuns minutos comezarán a chegar os viaxeiros para facturar as súas equipaxes e poderemos preguntarlles como afrontan este primeiro día despois de que os británicos abandonaran formalmente a Unión Europea.

Noticias web

01/02/2020