CRTVG

Buscar

Normalidade nos aeroportos de Baraxas e no Prat na xornada de folga en Iberia

Publicado o 31/08/2019 14:44

A folga convocada nos aeroportos de Madrid e Barcelona polo persoal de terra de Iberia apenas se está deixando notar na súa actividade. Aínda que se cancelaron 44 voos entre os dous aeroportos, esta segunda xornada de folga está discorrendo con normalidade. A compañía cifra a participaciónen menos do 20 por cento. Os convocantes reclaman un novo plan de emprego que poña fin á eventualidade. A fin de semana vindeira en Iberia retoman as mobilizacións de Bilbao. E mañá mesmo súmanse ás protestas os traballadores de Raynair.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/08/2019