CRTVG

Buscar

Normalidade no primeiro día de restricións en Madrid

Publicado o 03/10/2020 14:50

Ambiente controis policiais Axente a condutor "Coñece vostede a orde ministerial coas restricións de Madrid, ten vostede coñecemento verdade, pois continúe"

Os controis policiais comezaban nada máis entrar en vigor as medidas impostas polo Ministerio de Sanidade para reducir os contaxios. Afectan á capital e a nove concellos da Comunidade de Madrid, case cinco millóns de persoas, que só poderán traspasar os límites dos concellos por motivos xustificados. Si poden moverse con liberdade dentro dos seus municipios pero respectando as limitacións de capacidade e tamén de horarios no comercio e na hostalería.

Total Lucía veciña de Madrid "Ao principio un pouco de tristeza porque outra vez confinarse... pero polo menos pódese saír, podemos ir cos cativos ao parque, podemos facer máis cousas, podemos seguir indo traballar e agora imos ir a un museo, en fin, con pena porque tiñamos previsto saír de Madrid para ver a familia que vive fóra pero, en fin, iso, non"

Comercios e locais de hostalería teñen que pechar ás dez da noite. No sector falan dunha caída de ingresos do 75 por cento e non descartan ter que acabar pechando.

Montse, dona dun restaurante "Quen ven cear ás oito da tarde, os estranxeiros e estranxeiros non hai entón as seis da tarde pechar e marchar para a casa e xa ao mediodía hai pouca xente, a ver que facemos"

E os que están de paso por Madrid procedentes doutras zonas de España confían en poder saír, coma este matriomonio de Barcelona.

 "Supoño que nos deixarán saír, volver á casa, marcharemos mañá" "Cheguei antes de que pechasen e, segundo souben, podo saír"

A pesar de que a Policía arrestou catro persoas e propón multar outras 200 por participaren nunha festa multitudinaria en Aravaca, de momento non haberá sancións para os que incumpran as restricións, xa que o Goberno de Díaz Ayuso recorreu contra elas e terá que ratificalas a Audiencia Nacional.
 

Noticias web

03/10/2020