CRTVG

Buscar

Normalidade na segunda xornada de folga no aeroporto do Prat

Publicado o 10/08/2019 17:34

Segunda xornada de folga no aeroporto do Prat. Comezaba con fluidez nos controis de seguridade. Os tempos de espera roldaron entre 5 e dez minutos nas terminais 1 e 2... o habitual nun sábado de agosto.

Este sábado están programados un milleiro de voos e está previsto que pasen polo aeroporto uns 160 mil viaxeiros. Moitos deles acudiron con tempo de antelación ante as recomendacións de Aena e das compañías aéreas.

Os servizos mínimos, fixados nun 90 por cento, estanse a cumprir. O comité de folga considéraos abusivos. Os empregados denuncian "presións e cambios nos métodos de traballo habituais".
Trablisa, a empresa encargada desde o 2018 dos controis de seguridade no Prat, conta con 500 empregados . Esixen melloras laborais e salariais, como un plus dun euro por hora traballada para compensar a sobrecarga de traballo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2019