CRTVG

Buscar

Noriega e Bugallo fan o traspaso de poderes no concello de Santiago

Publicado o 06/06/2019 14:46

É a imaxe da transición no Concello de Santiago. Unha xuntanza de media hora en que escenificaron o traspaso de responsabilidades. O socialista Sánchez Bugallo pon distancia co proxecto de Compostela Aberta e aspira a gobernar, cando menos de momento, sen maioría absoluta.

"Eu non creo que a día de hoxe fora plantexable un goberno de coalición Partido Socialista-Compostela Aberta. Asumiremos ese goberno, presumiblemente en solitario inicialmente, pero sen pecharnos en ningún momento á posibilidade de incorporar outras formacións políticas". dí Xosé Sánchez Bugallo.

Decisión que vincula a un proxecto común. Bugallo foi especiamente crítico coa intermodal que asinou Compostela Aberta. Sen convite para participar no goberno, Martiño Noriega reivindica o papel dos cinco edís da súa formación.

"O que levo reivindicando estes días é o recoñecemento do espazo que pode parecer etéreo pero é un recoñecemento que independentemente do papel que teñamos na corporación é clave na gobernabilidade desde un punto de vista aritmético", advirte o alcalde en funcións de Santiago.


Esta tarde, hai asemblea de Compostela Aberta e nela Martiño Noriega porá o seu cargo político en mans da formación.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2019