CRTVG

Buscar

#NonTemosOutroMar porque non hai planeta B

Publicado o 10/06/2019 17:43

Entre oito e trece millóns de toneladas de plástico ocupan os océanos e convértenos no gran vertedoiro do planeta. A un ritmo como o actual, en apenas 30 anos haberá no mar máis plástico que peixe e Galicia, con 1.676 quilómetros de costa, non é allea a esta ameaza crecente.

A Corporación de Radiotelevisión de Galicia quere contribuír a frear a contaminación dos océanos coa campaña #Nontemosoutromar.

"Galicia é terra, pero tamén é mar; somos a comunidade autónoma con máis quilómetros de costa de toda España e obviamente o mar é vida en si, pero tamén representa o noso traballo, é dicir, parecía moi obvio que tiñamos que facer unha acción coma esta e por iso a puxemos en marcha. O que fixemos foi estender un lema que xa existe, que é "Non hai planeta B", "Non hai mar B", e iso en Galicia é algo que ten que ter moito significado", explica Xaime Arias, director de Proxección Social da CRTVG.

A campaña, que forma parte da estratexia de responsabilidade social corporativa desta casa, de acordo cos obxectivos de desenvolvemento sostible da ONU, está deseñada para todas as canles de comunicación da corporación e estenderase ao longo de toda a semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019