CRTVG

Buscar

Non pedirán responsabilidades civís aos ex-cargos andaluces acusados polos ERE

Publicado o 12/01/2018 20:43

Novidades no caso dos ERE de Andalucía. A Fiscalía renuncia a pedir responsabilidades civís aos antigos cargos do Goberno andaluz acusados na peza política desta causa.No caso do ex-presidente Antonio Griñán, reclamábanselle 483,6 millóns de euros en concepto de responsabilidade civil, aos que agora a Fiscalía renuncia. Faino despois de que se retirase do procedemento a propia prexudicada neste caso, a Junta de Andalucía, que pediu o arquivo por non apreciar delito na conduta dos 22 acusados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018