CRTVG

Buscar

Non rexistran positivos no cribado dos veciños do Incio, pero a residencia suma catro

Publicado o 02/09/2020 20:54

A área sanitaria de Lugo ten nestes momentos 786 casos activos, 27 máis ca na xornada anterior. Preocupa o avance do coronavirus na cidade, pero tamén nas residencias de maiores de toda a provincia. O foco máis grave segue na do Incio. Nas últimas horas faleceron outras dúas anciás desta residencia que estaban ingresadas no hospital. Con elas xa son 9 as vítimas mortais deste gromo. Tamén hai catro contaxiados máis entre os traballadores. En total hai neste centro 118 enfermos de Covid-19.

O único dato positivo atopámolo no cribado entre os veciños do Incio. Fixéronse 170 probas e todas deron negativo.

Un contaxio máis na residencia de Outeiro de Rei. En total hai 45 casos.
Na residencia de Outeiro de Rei, os contaxiados son xa 45. Deles, 40 son internos e 5 son traballadores.

Ademais do falecemento das dúas anciás da residencia do Incio, no hospital de Lugo finaron un home de 84 anos e outro de 74 ambos diagnosticados de coronavirus.

Noticias web

02/09/2020