CRTVG

Buscar

Non retiran os cascallos dunha casa derrubada en Monforte cando xa pasou máis dun mes

Publicado o 06/12/2018 14:18

O pasado 10 de novembro a primeira hora da tarde veu abaixo esta casa da rúa Falagueira, en Monforte de Lemos. A intensa chuvia daquel día e a antigüidade do inmoble fixeron que caera. Por fortuna, non causou danos persoais e os materiais foron reducidos.

Pero, transcorrido case un mes, os cascallos seguen no mesmo sitio invadindo a rúa e, o que é máis perigoso, a parte que quedou en pé ameaza con caer enriba da vivenda lindeira. Por iso, os seus propietarios reclaman que se faga un derrubamento controlado para evitar males maiores

Os veciños aseguran que dende que se produciu o derrubamento ningún técnico se voveu achegar ata a zona nin se lles comunicou se se pensan tomar medidas. O principal problema é que a casa que caeu é propiedade de 30 herdeiros, a maioría dos cales vive fóra de Monforte. Así, ninguén se fai responsable de arranxar esta situación. Outra solución sería que o concello procedera ao derrubamento da parte que quedou en pé e ao desentullo do lugar

A poucos metros atópase estoutra vivenda, que tamén ameaza con vir abaixo. A zona é unha das máis turísticas da cidade polo que ademais de dar mala imaxe, as casas supoñen un risco para veciños e turistas.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018