CRTVG

Buscar

Non perdas estes trucos para evitar que che entren os cacos na casa este verán

Publicado o 11/08/2020 15:03

Mediados de agosto. Rúas baleiras e persianas botadas.... Primeiro erro e primeira pista para os ladróns.

"Non hai que baixar as persianas, se temos algún familiar que poda coller o correo e subir e baixar as persianas...", afirma Felipe Rodríguez, voceiro da Policía Nacional de Santiago.

Cando collemos a maleta hai que tomar máis precaucións. A tecnoloxía non debemos usala para amosar nas redes a nosa localozación; si para programar aparellos e aparentar certa actividade no piso. 

"Unha luz que acenda, ou unha televisión... Son programadores que poden facer ver que a casa está habitada", di Felipe Rodríguez.

Porque os ladróns tamén teñen os seus métodos de vixilancia... Según a policía, usan plásticos, fíos de la, cartón... cousas coas que intentan saber cantos días ou meses está unha vivenda deshabitada.

O perigo dos falsos revisores

Os maiores de 65 anos adoitan estar nas vivendas. Para eles o maior risco durante todo o ano son os falsos revisores. Hai maneiras de comprobar a súa identidade. 

"Os traballadores da empresa están dispostos a facilitar información ou un teléfono onde se pode acreditar que se están facendo comprobacións por parte da empresa", comenta Felipe Rodríguez. Precaucións básicas para pechar a porta durante uns días con tranquilidade.

Noticias web

11/08/2020