Non houbo problemas nin amoreamentos nas festas do Pilar en Zaragoza
Publicado o 12/10/2020 14:56
Preocupaban as posibles concentracións de xente en Zaragoza, que hoxe tiña que celebrar a súa festa grande. Pero non houbo problemas. A calma reinou pola mañá no corazón da cidade onde houbo, iso si, unha gran presenza policial nas rúas. Dentro da Basílica do Pilar os cidadáns fixeron quendas para entrar na Santa Capela. Moitos fieis optaron polas novas tecnoloxías. A ofrenda virtual á Virxe recibiu máis de 80.000 ramos.