CRTVG

Buscar

Non hai san Xoán sen sardiña, e xa están comezando a chegar aos mercados

Publicado o 17/06/2020 15:44

Non hai san Xoán sen sardiña. O produto estrela da festa está comezando a chegar aos mercados.
Menos dunha semana antes do san Xoán, a raíña da festa comeza a asomar na praza.

"Haberá que tomala en san Xoán, como manda a tradición"; "Está boísima"; "Como é: a sardiña molla pan".

Ese é o dito popular, pero os entendidos din que o mellor momento será alá para agosto. Agora estamos no inicio da temporada e hai sardiña dabondo para a festa.

"Si que hai. agora mellor a medianiña"; "Eu véndoa a sete euros".

Á vista das reservas que xa van tendo, as peixeiras agardan unha boa semana de vendas. A situación sanitaria non recomenda celebracións multitudinarias, pero din que a xente ten ganas de reunirse.

A xente conta como o vai celebrar: "Na casa coa familia"; "Cos avós como podemos"; "Non me gusta a sardiña, pero comerei outra cousa".

Unha celebración, adaptada ás circunstancias, para darlle a benvida ao verán.

Noticias web

17/06/2020