CRTVG

Buscar

Non hai data para a reapertura da N-120 entre Ourense e Monforte

Publicado o 13/11/2019 15:06

Aínda non hai data para a reapertura da nacional 120 entre Ourense e Monforte. Un desprendemento de pedras obrigou a cortar a estrada o pasado venres e non se reabrirá, din dende Fomento, ata que se asegure a ladeira. Turismos e camións están sendo desviados por rutas alternativas que supoñen entre 15 e 25 minutos máis de viaxe.

Os turismos son desviados pola antiga nacional. Un desvío duns 10 quilómetros por unha estrada con varios pasos estreitos, coma este.

No caso dos camións, o desvío é por Chantada ata Monforte. Unha ruta que realizan sobre todo os que van á zona de Lugo.

O motivo do corte é este desprendemento de pedras. Unha situación, din os condutores, que se repite cada pouco tempo.

Dende Fomento están acondicionando accesos para revisar a parte alta da ladeira. Din que non se reabrirá ao tráfico ata que non sexa seguro.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019