CRTVG

Buscar

Non haberá procesións de Semana Santa en Ferrol por segundo ano consecutivo

Publicado o 16/02/2021 18:42

A situación sanitaria actual impide a celebración das procesións de Semana Santa por segundo ano consecutivo. A de Mondoñedo-Ferrol é das últimas dioceses en anunciar a suspensión dos desfiles procesionais, as confrarías traballan en celebracións alternativas.

As redes sociais serán as grandes aliadas da Semana Santa nesta ocación. As confrarías buscan o xeito de chegar aos fieis do xeito máis directo posible. A pandemia non permite a aglomeración de xente, non haberá desfiles procesionais na rúa, pero si procesións estáticas. As imaxes estarán expostas ao público en prazas e, en moitas vilas, esas imaxes serán retransmitdas por Internet, en directo, a través de streaming.

Noticias web

16/02/2021