Non haberá cacharelas nas rúas, pero si sardiñadas e grelladas polo San Xoán
Publicado o 21/06/2021 15:19
A sardiña seguirá mollando o pan neste 2021. Aínda que as cacharelas en espazos públicos non están permitidas, si que poderemos celebrar o San Xoán na vía pública en locais de hostalería que poderán facer sardiñadas e churrascadas ao aire libre. As medidas para a hostalería son bastante estritas, polo que en Cambre, onde houbo unhas 20 solicitudes para celebrar sardiñadas e grelladas, son tamén moitos os hostaleiros que decidiron non facelas.
A maioría dos veciños prefiren celebrar a noite na casa en familia, e os que dispoñen de leira prender a cacharela. Teremos que agardar outro ano para volver a estas imaxes multitudinarias da celebración en Galicia da noite máis máxica do ano.