CRTVG

Buscar

Non haberá AVE para o 2021

Publicado o 17/12/2020 09:09

Todo parece indicar que imos seguir sen AVE durante o vindeiro 2021, que comeza dentro dun par de semanas e que ademais é Ano Santo Xacobeo.

Alberto Núñez Feijóo reuniuse co presidente da Deputación de Ourense e repasou con el a situación das infraestruturas máis importantes da provincia.

Cos informes na man, apréciase un novo atraso na conexión de alta velocidade entre Madrid e Galicia, que non vai estar operativa o ano que vén. E no que respecta ao enlace ferroviario entre Ourense e Lugo, non estará operativo polo menos ata o 2024.

Feijóo dixo que non é bo enganar a ninguén e que hai que dicir a verdade. Pola súa banda, Baltar cualificou de "desprezo" a actitude do Goberno central coas deputacións e os concellos.

Noticias web

17/12/2020