CRTVG

Buscar

"Non é un roubo, pero pouco lle falta": os usuarios critican a suba das peaxes

Publicado o 31/12/2020 13:29

O ano comeza con malas novas para os usuarios da AP-9. Por cuarto ano consecutivo, a autoestrada do Atlántico volve a incrementar as súas tarifas, esta vez os prezos soben un 0,92 %, o que a converte na máis cara de toda España.

Esta constante subida nos prezos leva a algún que outro usuario a buscar rutas alternativas por estradas secundarias para aforrar.

Só dúas autoestradas máis subiran os prezos neste novo ano que está a piques de comezar. O resto baixaranos ou manterán as mismas tarifas que no 2020.

 

Noticias web

31/12/2020