CRTVG

Buscar

Non digas *nominado #DígochoEu

Publicado o 24/01/2020 11:25

Hoxe contámosvos que o nin *nominado nin *nominación son correctos e ofrecémosvos as alternativas que dá a RAG. Con todo, si que é certo que atopamos un baleiro para designar algo tan específico coma iso. A maioría das linguas do noso arredor adaptaron ese ‘to nominate’ do inglés e xa o teñen incorporado. No caso do portugués, úsase ‘nomear’ e ‘nomeação’ tanto nos Óscar coma en programas de televisión tipo ‘Operação Triunfo’ ou ‘Big Brother’. Así que se cadra non estaría mal que a RAG o tivese en conta en futuras revisións do seu dicionario. #DígochoEu