CRTVG

Buscar

Non constan denuncias por maltrato contra o pai que matou un fillo e deixou outro grave en Castelló

Publicado o 16/08/2020 21:01

O caso está baixo investigación da Garda Civil. O xulgado de garda que se fixo cargo da instrución non ten constancia de momento de que o pai tivese denuncias ou antecedentes por maltrato. Tampouco o Concello.

Os feitos ocorreron de madrugada neste edificio de apartamentos. O parricida, de 40 anos, acoitelou presuntamente os seus dous fillos diante da nai. O neno, de 12 anos, morreu. A nena, de 10, quedou ferida moi grave.

Despois, o home suicidouse guindándose desde o alto da casa.A familia, procedente de Madrid, era propietaria dun apartamento e estaba de vacacións.

A nena ferida foi trasladada ao hospital xeral de Castelló. A nai tamén tivo que ser asistida, por unha crise de ansiedade.A comunidade de veciños xunto ao Concello de Cabanes convocaron para mañá un minuto de silencio polas vítimas e para condenar o sucedido.
 

Noticias web

16/08/2020