'Non camiñas soa', unha campaña centrada na prevención da violencia contra as peregrinas
Publicado o 11/10/2021 22:01
'Non camiñas soa', quere garantir a seguridade nas distintas rutas do Camiño de Santiago. Trátase dunha campaña centrada na prevención de calquera tipo de violencia contra as peregrinas. Colaboran policías locais, farmacias e albergues.
Unha iniciativa posta en marcha polo goberno central busca que as mulleres camiñen coa garantía de estar libres de violencias machistas. Os carteis da campaña 'Non camiñas soa', están en diferentes localizacións da ruta. Neles un código QR lévanos aos recursos especializados en atención ás mulleres. Colaboran albergues, farmacias e policías locais. As camiñadas, especialmente as das mulleres, levan agora unha compañía invisible que as protexe das agresións e que atende as 24 horas.