CRTVG

Buscar

'Non camiñas soa', campaña contra as agresións machistas no Camiño

Publicado o 15/09/2021 14:05

'Non camiñas soa. Camiño de Santiago libre de violencias machistas', é unha medida que se estreou neste ano santo dentro dos plans de seguridade nos camiños de Santiiago. É unha iniciativa basicamente informativa e dirixida específicamente ás peregrinas, coa indicación de como pedir a atención da Garda Civil ou da policía en caso de necesitala. Na mesma colaboran policías locais, farmacias e albergues.

Polo  Camiño Portugués había varias peregrinas, na súa maioría de fóra de España. A única que estaba soa é alacantina e vén cun grupo desde Valença: "Si. Camiñando vou cunha amiga e agora aquí estou nun lugar que creo que é seguro", di María.

Nos últimos anos aumentou notablemente o número de mulleres nas distintas rutas a Compostela. Máis da metade das persoas que fan o Camiño son mulleres.

Manuel Castro, inspector xefe da Policía Local de Caldas: "É verdade que se observan moitas mulleres camiñando soas, as máis delas de fóra de España. As de aquí veñen máis ben en grupo. Aquí, por sorte, non tivemos ningunha incidencia grave e agardemos que todo siga así".

Nos carteis da campaña 'Non camiñas soa' figura o código QR que enlaza cos teléfonos dos recursos especializados en atención ás mulleres, por iniciativa das delegacións do Goberno de Galicia, Navarra, Aragón, A Rioxa e Castela e León.

Noticias web

15/09/2021