'Nomadland' fai historia coa súa directora e Hopkins leva un Óscar aos 83 anos
Isto é para os que teñen a fe e a coraxe de aferrarse á súa bondade e á dos demais, foi a dedicatoria de Clhoé Zhao ao recibir o seu Óscar a mellor directora e ser a segunda muller na historia que o consegue. Foi por Nomadland, un filme de autor que narra a vida dos nómadas nos Estados Unidos, que se erixe como a gran vencedora desta edición número 93 dos Óscars. É tamén a mellor película do ano e leva o premio de mellor actriz para Frances McDorman, que ademais produce a cinta.
O primeiro galardón da noite xa tivo un ton feminino, o de guión orixinal para Emmeral Fennel polo relato dunha moza prometedora, unha muller que colle a xustiza pola man castigando potenciais agresores sexuais. Recoñeceu que non tiña preparado discurso ningún porque non pensaba que puidera gañar.
A Academia apostou por un formato reducido, ambiente íntimo e moita emoción, a máis intensa a de Thomas Vinterberg. O danés recolleu o Óscar a mellor filme internacional recoñecendo que a súa Outra Rolda ía ser un canto á vida que estivo a piques de non saír adiante pola morte da súa filla xusto antes de empezar a rodaxe.
No apartado de maquillaxe subiu ao escenario un español, Segio López Rivera, grazas ao seu traballo con Viola Davis en A nai do blues. Por oitava vez Glenn Close non levou o Oscar, nesta ocasión foi para Yuh-Jung Youn o de mellor actriz de reparto por Minari. Houbo máis momentos de humor. Daniel Kaluuya, o mellor actor de reparto, desconcertou cos seus agradecementos.
Feliz por estar vivo ademais nesta edición na que o memorial aos que xa non están tivo o dobre de retratados que o ano pasado, o Óscar ao mellor actor foi para Anthony Hopkings, o interéprete de maior idade que o recibe, aos 83 anos. Pechouse así unha cerimonia histórica e contida que non renunciou ao glamour nos premios do cine do ano da pandemia.