CRTVG

Buscar

Nolito: "Se podo, retirareime no Celta"

Publicado o 10/03/2021 17:24

• Continuará un ano máis en Vigo ao disputar o 60 por cento dos partidos de Liga como titular | "Temos que chegar aos corenta puntos para estar tranquilos"

Nolito continuará un ano máis no Celta ao disputar o 60 por cento dos partidos de Liga como titular. O sanluqueño mostrou a súa satisfacción este mércores: "Estou contento e feliz por estar un ano máis no Celta. Agora esperamos acabar a tempada ben, pero sobre todo estou contento pola miña familia e por min e por poder continuar un ano máis en Vigo".

Espera que a relación se prolongue máis aló do 2022: "A miña ilusión sería continuar máis tempo. Agora teño 34 anos e atópome moi ben fisicamente, pero non se como me atoparei aos 37. Oxalá puidese estar a xogar ao máximo nivel ata os 38 ou 39 anos. Sigo o día a día e moi feliz desde que volvín a Vigo. O importante é gozar do meu traballo e axudar o Celta".

Noticias web

10/03/2021