CRTVG

Buscar

Nolito aposta por "facer autocrítica e traballar" para reverter o irregular inicio do Celta

Publicado o 07/10/2021 15:30

Nolito aínda non marcou esta temporada. A pasada meteu 7 goles: "Chegará, pero o importante é o equipo".

Esta mañá fixo unha diagnose da situación do Celta, que en oito encontros só gañou dous partidos. Para Nolito o coñecemento que teñen os rivais do xogo celeste obrígaos a buscar outras alternativas.

"Non é o inicio agardado pero isto é fútbol, hai que facer autocrítica e traballar".

En dez días chega o Sevilla a Balaídos. Non hai que porse nerviosos: "Poñernos nerviosos o xusto, a 'morte' con Coudet".

 

Noticias web

07/10/2021