Nolito afirma estar ben, pero que xogar o domingo depende do adestrador
Publicado o 19/06/2020 17:13
O extremo Manuel Agudo, Nolito, declarou este venres, tras completar o seu primeiro adestramento co Celta, que o vindeiro domingo teñen "unha final" contra o Deportivo Alavés en Balaídos.
"O que espero ou o que me gustaría é que o equipo se salvase. É unha situación que a ninguén lle gustaría vivir, pero isto é fútbol e as circunstancias son as que son. Deuse así e agora hai que seguir. O domingo temos unha final e todo o persoal, xogue quen xogue, debe remar nunha mesma dirección".