CRTVG

Buscar

Noite e mañá de Reis con frío xélido en toda Galicia

Publicado o 06/01/2021 14:22

A xeada que caeu en boa parte de Galicia, visible mesmo na noite, amosouse en toda a súa forza coa luz do día, que deixou ao descuberto dun xeito máis evidente o risco de esvaramento en numerosas estradas, non só secundarias.

Nos lugares xeados e naqueles en que a néboa baixa o envolvía todo da humidade que acentúa a sensación de frío o comentario deste mércores era xeral.

E con este ambiente o corpo require abrigo por fóra e tamén pide máis comida e bebida quente.

As previsións meteorolóxicas din que vén máis frío nos próximos días, aínda que os case once baixo cero de hoxe en Calvos de Randín semella que marcaron, de momento, tope mínimo en Galicia, polo de agora.

Noticias web

06/01/2021