CRTVG

Buscar

Nogueira de Ramuín prepara un libro sobre o barallete con máis de 1.400 palabras

Publicado o 16/03/2017 15:27

Este municipio ourensán é terra de afiadores, un gremio que coma outros vendedores ambulantes da zona empregaban o barallete para comunicarse entre eles

O municipio ourensán de Nogueira de Ramuín é terra de afiadores, un gremio que coma outros vendedores ambulantes da zona empregaban o barallete para comunicarse entre eles. Unha fala que agora queren recuperar e mesmo facer un diccionario. Xa teñen 1.400 palabras .

Coma Nicanor de Nogueira de Ramuín, que foi afiadordende os 17 anos, así 'arromanaban', falaban os arreadores, os afiadores, na súa 'cantufaxe', na súa fala, o barallete. Dende o Concello levan sete anos investigando e traballando para que non se perda este importante ben inmaterial.  

Co traballo xa case rematado, agora buscan financiamento doutras administracións para poderen editar este ano o libro 'O barallete, o segredo mellor gardado'. E tamén organizar unhas xornadas divulgativas para que os máis pequenos coñezan este legado que foron transmitindo de xeito oral os afiadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2017