No verán Fisterra énchese de peregrinos que rematan o Camiño á beira do mar
Publicado o 16/07/2019 11:16
Fisterra é un destino esencial para moitos dos peregrinos que se embarcan na aventura do Camiño. Ao chegar a Santiago, volven coller a mochila e diríxense ata este punto chave, rematando a experiencia no cabo Fisterra. No verán, esta vila crece pola afluencia de peregrinos, que se ven polas rúas todos os días.
O Camiño de Fisterra alberga, segundo os peregrinos, unha beleza incuestionable. Por iso son moitos os que se deciden a emprender este tramo para rematar o seu camiño fronte ao mar, nese punto que antigamente era coñecido como a fin da terra. E son moitos os que aseguran que repetirán a experiencia.
Agora, os habitantes de Fisterra teñen que acostumarse, un verán máis, a ver peregrinos diariamente polas rúas da vila.