CRTVG

Buscar

No último mes, Fisterra pasou de non ter ningún caso a ter 37 positivos

Publicado o 26/07/2021 16:28

Tres concellos da Costa da Morte -Carballo, Vimianzo e Fisterra- están desde o sábado no nivel de restrición alta. A evolución é rechamante: hai un mes, o 25 de xuño, en Fisterra non había ningún caso de infección de activa. A día de hoxe, o Sergas comunica que hai 37 casos positivos. Moitos veciños bótanlles a culpa ás concentracións ilegais que, segundo eles, continúan celebrándose.

O aumento de casos supón en Fisterra unha incidencia acumulada de 788 nos últimos 14 días. A situación obriga a que as autoridades e cidadáns se impliquen. Desde a súa páxina e desde as redes, o Concello insiste en recórdalles aos veciños e visitantes as medidas do nivel alto de restricións e unha recomendación que se repite: "Se ti te protexes, protexes os que te rodean".

Noticias web

26/07/2021