CRTVG

Buscar

No taller 'Pinturas que soan' os participantes aprenden a escoitar o que din os cadros

Publicado o 09/06/2018 21:31

Aínda que pareza incrible, hoxe moitas pinturas do Museo de Pontevedra faláronlles aos espectadores. Dentro do taller 'Pinturas que soan', os participantes aprenderon a escoitar o que nos din os cadros: recrearon ambientes e simularon os diálogos dos personaxes da escena.

Este foi un dos moitos cadros que falaron esta mañá os visitantes do Museo de Pontevedra. A obra, de Fernando Carrero Fernández, sucede na praza do Obradoiro. Estes nenos foron os encargados de recrear esta historia e de simular os sons. E despois de varias probas, así soou o carro de bois, a chuvia e as xentes do século dezanove.

A pintura que soa é unha iniciativa que se fai no museo en colaboración cun grupo de artistas e educadores de Madrid. Nela preténdese relacionar a música, compoñer sons, recrear relatos pero sobre todo, escoitar os cadros. Unha escoita chea de sensacións e percepcións que case sen querer nos invita a gozar da nosa riqueza cultural dunha forma lúdica e singular.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/06/2018