CRTVG

Buscar

No Rally Ourense "Cohete" Suárez domina no shakedown e no tramo clasificatorio

Publicado o 16/07/2021 14:48

Está en marcha o Rally de Ourense, a quinta proba do supercampionato de España. Un rally que chega aos seus 54 anos de vida.

Esta mañá a localidade de Toén inaugurou a proba. Cun treito espectáculo e un clasificatorio en que os favoritos mostraron o seu nivel. O asturiano José Antonio "Cohete" Suárez foi o máis rápido. Sacoulle tres segundos ao catalán Jan Soláns e catro a Iván Ares. O piloto de Cambre é a ocpiòn galega xunto a Javier Pardo, que ocupou a sexta praza na sesión matinal. Prado corre mañá a carón da súa casa en Allariz.

Esta tarde comeza a batalla verdadeira cos treitos cronometrados de Amoeiro e Carballiño.
 

Noticias web

16/07/2021