CRTVG

Buscar

No que vai de ano morreron 195 persoas afogadas nas praias en España, 41 delas na primeira quincena de xullo

Publicado o 27/07/2019 17:36

O verán fai que as praias se enchan de bañistas e trae tamén moitos afogamentos. Segundo a Federación de Salvamento e Socorrismo, no que vai de ano houbo xa 195 vítimas mortais en toda España. Os expertos píndenlles aos bañistas máis precaución e á administración máis recursos no combate desa cifra tráxica.

Con case mil cincocentos quilómetros de costa, Galicia ten nas súas preto de oitocentas praias, durante as xornadas de calor do verán, un dos principais focos de atracción. Tamén un dos potenciais focos de risco, dos que non sempre somos conscientes. Ante as rochas, as correntes ou a altura das ondas, un é o principal dos moitos consellos que nos fan os expertos.

José Palacios Aguilar, profesor de Socorrismo da Universidade da Coruña: "O meu principal consello é ben claro: bañarse en praias vixiladas por socorristas. Comprobamos que cando se bañan en praias con socorristas, a xente non se afoga".

As últimas cifras oficiais son de 2016: 439 españois morreron ese ano nas praias. Desde entón ata hoxe, o que hai son datos facilitados pola Federación de Salvamento e Socorrismo. Este ano levamos tres mortos ao día, 41 na primeira quincena deste mes. Os expertos píndelle unha atención especial ao goberno.

José Palacios Aguilar, profesor de Socorrismo da Universidade da Coruña: "En incendios e tráfico si se poñen recursos suficientes, pero non no afogamento. Nós estamos reclamando desde hai moito tempo unha dirección xeral de seguridade acuática".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/07/2019