CRTVG

Buscar

No que vai de ano diagnosticáronse uns 150 melanomas en Galicia

Publicado o 06/06/2021 15:24

"Hai que acostumarse a mirar a pel, a dedicar dez minutos a explorarse ben, usar espello porque hai zonas que non podemos ver ben e ver ser hai algunha lesión que vai cambiando, que é diferente ás demais", di María Dolores Sánchez Aguilar, dermátologa no CHUS.

Oito de cada dez melanomas detectados apareceron sen a existencia dun lunar previo. A dermatóloga anima a poboación a explorarse e en caso de atopar calquera lesión nova na pel acudir a un especialista.

"Debemos ir a un dermatólogo sempre que vexamos unha lesión asimétrica de bordos irregulares, que ten diferentes modalidades de cor, que ten un diámetro maior de seis milímetros ou unha lesión que de repente comeza a picar, que comeza a crecer ou que sangra", afirma Sánchez Aguilar.

No que vai ano diagnosticáronse preto de 150 casos novos de melanomas en Galicia pero os dermatólogos advirten de que hai un número importate de pacientes que deixou de ir á consulta por mor da pandemia.

"Non é que non existan, é que se deixaron de diagnosticar, e aí está o problema, vanse diagnosticar con atraso e eso vai ter repercusión no prognóstico", explica a dermatóloga.

A pel ten memoria e as malas prácticas como a exposición solar sen protección pode aumentar o risco de desenvolver cancro no futuro. Recomenda evitar as horas centrais do día
"Hai que aplicar fotoprotector sempre que esteamos ao aire libre, non é só para a praia e a piscina", di.


 

Noticias web

06/06/2021