CRTVG

Buscar

No que vai de ano, cinco galegas foron asasinadas pola súa parella ou ex-parella

Publicado o 25/11/2019 20:19

Desde que en 2003 se abriu o rexistro de violencia de xénero morreron asasinadas en España 1.028 mulleres. E iso que a pesar das esixencias do Convenio de Istambul só se recoñecen as que o fixeron a mans da súa parella ou ex-parella. No que vai deste ano xa son 52. Corenta delas non presentaran denuncia. 

Sara Ferreiro, avogada: "Se a muller non formula a oportuna denuncia, é imposible acabar con este problema". 

Mari Luz Losada, psicóloga: "Tamén hai que comprender que cando unha persoa está minguada psicoloxicamente non encontra as ferramentas para enfrontarse a unha situación tan dificil como é poñer unha denuncia".

Ata xuño presentáranse 80.000 denuncias. Poucas veces dá o paso a propia vítima, pero medran as presentadas por terceiros. Cada vez máis familiares, amigos, veciños sou compañeiros de traballo son quen de dar o paso adiante por elas. 

Miguel Ángel Carracedo, xefe da UFAM da Policía Nacional da Coruña: "A loita contra a violencia de xénero veu para quedar. En quen queira que se sume, se non quedará descolgado".

E hai outras vítimas, ás veces invisibles. A violencia de xénero deixou este ano 43 nenos orfos. Os sistemas policiais calculan que hai 5.000 menores vulnerables. Só nas últimas semanas detectou 81 pequenos en situación de risco.

 

Noticias web

25/11/2019