CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

No que levamos de ano choveu un dez por cento menos da media habitual

Publicado o 09/07/2015 14:59

Os responsables do control da bacía afirman que neste intre a situación dos ríos está dentro do normal, pero que se continúa a seca, a cousa podería complicarse

No que levamos de ano choveu un dez por cento menos da media habitual segundo os datos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Os responsables do control da bacía afirman que neste intre a situación dos ríos está dentro do normal, pero que se continúa a seca, a cousa podería complicarse. No centro de control da bacía Miño-Sil, cada cinco minutos reciben aquí información actualizada do estados dos ríos. Fano a través dun cento de estacións distribuidas ao longo dos 20.000 quilómetros de río que controlan. A falta de chuvia fai que estes días estean especialmente vixiantes.

A chuvia recollida no que levamos de ano non chega aos 900 litros por metros cadrado, cando a media dun ano normal estaría por riba dos 1.000. En 2014, especialmente chuvioso, superáranse os 1.400.

"Estamos ao 90 por cento en canto á precipitacións se refiere. Un ano relativamente seco, pero cerca da media. A situación non é preocupante nin moito menos, pero estamos vixiantes porque se as precipitacións seguen esta tendencia os niveis, loxicamente, baixarán", afirma o xefe de Planificación Hidrolóxica.

 

Na provincia de Ourense o río que presenta un nivel máis baixo é o Limia.

"Na provincia de Lugo, actualmente pois Guitiriz, no Páramo, está por debaixo da media, e na provincia de Pontevedra no Porriño, en Ponteareas e tamén en Tui", sostén Carlos Guillermo Ruiz.

Así e todo neste intre o abastecemento ás principais vilas e cidades do país está garantido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí