CRTVG

Buscar

No PPdeG lamentan que Sánchez non escoite socialistas históricos

Publicado o 15/11/2019 14:52

O PP tamén se referiu ás voces contrarias ao pacto no seo do PSOE. Incide en que son dirixentes históricos do partido e lamenta que Sánchez non os escoite.

"Sánchez xa escolleu os compañeiros de viaxe que el quería. E nin sequera quixo falar co PP, pero é que nin sequera quixo falar con dirixentes históricos do seu propio partido, porque non quería escoitalos. Non quixo escoitar o que agora están dicindo en voz alta dirixentes como Felipe González, como Javier Fernández ou como Juan Carlos Rodríguez Ibarra", dixo Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019