CRTVG

Buscar

No PP din estar convencidos que Sánchez fará o que sexa para continuar na Moncloa

Publicado o 21/08/2019 09:50

No PP din estar convencidos de que Sánchez fará o que sexa para continuar na Moncloa. O secretario xeral do partido critica a incapacidade dos socialistas para chegar a acordos. Teodoro García Egea di que o preocupante da proposta de Podemos é o que non pon. 

Teodoro García Egea, secretario xeral do PP: "O preocupante do documento de Podemos é o que non pon, que é o que fomos coñecendo durante todo este verán: a peaxe nas autovías públicas, as posibles subas de impostos, o imposto ao diésel que xa se anunciou e que o PSOE incluíu no seu momento nos orzamentos xerais do Estado. Iso é o que quero saber e o que os españois queren saber".

Noticias web

21/08/2019