CRTVG

Buscar

No Obelisco de Bos Aires, os emigrantes galegos festexan o Día de Galicia

Publicado o 25/07/2019 15:15

A Galicia exterior tamén festexa con fervor este 25 de xullo. A comunidade galega de Bos Aires foi o motor desta iniciativa co seu xa tradicional obeliscazo

Os galegos espallados por América do Sur congregáronse en prazas emblemáticas das súas cidades para iniciar xuntos o Día de Galicia. Fixérono no Uruguai, no Brasil e mesmo en Venezuela, pero, sen dúbida, o epicentro desta iniciativa estivo na Arxentina, e máis precisamente aquí, neste Obelisco de Bos Aires, onde habitualmente se concentran os locais e que nesta ocasión utilizaron os nosos emigrantes para celebrar o seu orgullo de seren galegos.

Nada máis comezar o 25 de xullo, mentres a praza do Obradoiro se iluminaba cos fogos do Apóstolo, en Bos Aires ocorría isto...

Ducias de galegos volvéronse apropiar por unhas horas deste emblema porteño nunha nova edición do seu obeliscazo, enchendo a quinta provincia de bandeiras, bailes e música da terra.

 

Noticias web

25/07/2019