CRTVG

Buscar

No Morrazo, os nenos poderán pisar a area das praias de Bueu e Moaña pero non das de Cangas

Publicado o 25/04/2020 14:49

Cangas do Morrazo, o municipio europeo con maior número de praias, interpreta que os menores e os seus pais non poden acceder aos areais. Permitiráselles camiñar polos paseos que os rodean.

Achegámonos agora a Bueu e a Moaña. Nas praias destes dous concellos os nenos e os seus pais si podrán entrar aos areais.

Iso si, só a pasear, mantendo a distancia de dous metros entre camiñantes, e por suposto sen instalarse con xoguetes, sillas ou toallas.

Noticias web

25/04/2020